Días de busca:

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 28, 2008

Dióxenes, co seu bocoi, a súa lámpada e as súas cebolas, por John William Waterhouse

Parece incrible, pero xa estou de novo en plan Dióxenes. E non só busco un sitio onde me meter: desta volta, igual que o cínico de Sinope, “busco un home honesto”, ou unha muller, vaia. Se alguén sabe dun piso xeitoso en Compostela e cun/ha dono/a decente que faga as cousas como é debido (que teña o piso declarado, que poña no contrato o mesmo que cobra realmente e non un terzo menos, que non estea perseguido por Facenda, etc.), que mo comunique. Diosvolopaghe.

P.D. Que razón ten Zerovacas: había que volver á folga de pisos do 79!

Post tags:

O día dela:

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 22, 2008

Este ha ser, con diferenza, o máis críptico dos meus post. Só o entendemos eu e mais ela, pero así e todo… Felicidades, mamá. Ti ben me entendes…

E mais…

Post tags:

Días de réquiem:

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 14, 2008

Teño o día carpideiro, síntoo.

Un:

EL OTOÑO SE ACERCA

El otoño se acerca con muy poco ruido:
apagadas cigarras, unos grillos apenas,
defienden el reducto
de un verano obstinado en perpetuarse,
cuya suntuosa cola aún brilla hacia el oeste.

Se diría que aquí no pasa nada,
pero un silencio súbito ilumina el prodigio:
ha pasado
un ángel
que se llamaba luz, o fuego, o vida.

Y lo perdimos para siempre.

Outro:
(de Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, Xosé Manuel Suaréz)

O caso do acorazado “España”.
Deu lugar a varios sumarios, o 58/36 é un dos máis importantes pola cantidade de procesados (71 militares) e o que máis condenas a morte produce (32). Tén como instructor ó tenente coronel auditor Jesús de Cora, que o 14 de agosto inicia as actuacións coa declaración do auxiliar naval Alfonso Raja, preso no Plus Ultra, paseado tres días despois xunto a tres procesados máis na causa e outros (Quintanilla, García Niebla…).

(…)

Para o fiscal:

“(…) es indudable que la dotación del “España” fue la primera en unirse al movimiento revoluciona­rio rompiendo el fuego contra la oficialidad; como si esto al ser oído fuese una señal convenida de antemano, le secundó la dotación del “Cervera” y casi simultáneamente las de Brigadas y “Contramaes­tre Casado”. Como en todos estos buques, un grupo principal llevó la dirección del movimiento; figurando a su cabeza, como queda dicho, los oficiales Mouriño y López Amor, (…); y a parte, si bien colaborando sus compañeros, figuraba un núcleo de marinería y fogoneros comunistas, que tenían organizado su correspondiente comité.

A vista da causa 58/36 enceta na Academia de Maquinistas da Armada o venres 30 de outubro. Este día dedícase á lectura do sumario e á presentación de testemuñas e procesados que son interrogados polo fiscal, o tenente coronel auditor Merino, e polos defensores -uns nomeados polos reos e outros de oficio-. O 31 continúan as preguntas ós procesados, o 1 de novembro termina a vista e redacta a sentencia o tribunal presidido polo contralmirante Sánchez Barcaizteigui (edil no concello ferrolán), que tén como vocais ós capitáns de navío Piña, Samper e Pita da Veiga, ó coronel de infantería de Mariña Liaño e ó tenente coronel Enrique de La Huerta,do rexemento de infantería Mérida 35.

No veredicto considérase demostrado que a rebelión no “España” estivo dirixida polo oficial de artillería Mouriño, secundado por:

“(…) los Maquinistas, Don Pedro López Amor [fusilado], Monteagudo y Canosa, Auxiliares Navales, Raja y Serantes [os catro paseados o 17 de agosto], Auxiliar de Artillería, Ramonde [suicidio], Cabo Agras Pedreira, marineros López Victorero y López Fernández y fogonero García Eiroa [fusilados os catro], juzgados unos y fallecidos otros y los procesados en estos autos, marineros, Ángel Méndez García, Manuel Calvo Arribas, Manuel Gallego Méndez, Manuel Martínez Inclán y fogonero Reyes Yáñez Pérez, de matiz comunista estos cinco e individuos de un Comité de tal carácter en el barco.

O consello de guerra condena a reclusión perpetua a catorce procesados, e a morte a trinta e dous do “España” polos delitos de rebelión e sedición, sen recoller, nin nas conclusións do fiscal nin na sentencia, os feitos concretos de cada procesado, só frases como: “estuvo en la torre directora”, “por sus malos informes y estar armado es de suponer fuera de los que disparaban contra el citado Oficial”, “los dos declarados indeseables en informe unido a los autos y que fueron vigilantes de los Oficiales detenidos”, “se dedicaba a registrar las torres, en busca de fascistas”, “tenía grandes concomitancias con el Oficial Mouriño”.

Os condenados a morte, e fusilados, son os auxiliares Díaz Vales, de Serantes, e Bellafont Ginart, de Ferrol, adscrito á Escuela de Marinería, que se unira á tripulación o día 20, además de dez cabos e vinte mariñeiros (de entre 18 e 25 anos de idade) e fogoneiros. O fusilamento colectivo, con dúas ametralladoras, tén lugar no adro da igrexa do Val (Narón) ó anoitecer do 26 de decembro. Os mariños enfróntanse á morte con cánticos como A Internacional. Segundo a inscrición das defuncións no rexistro parroquial, dezasete dos condenados néganse a recibir os sacramentos dos frades mercedarios que os acompañan, o resto, que os recibira en Ferrol, renega deles pouco antes da execución. Os defensores do réxime republicano reciben sepultura nunha foxa común.

O texto completo, aquí.

Post tags:

Días de relectura

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 12, 2008

Ao fío dunha efeméride, logo de cumprir moi polo aire coas esixencias laborais, releo O Segundo Sexo, de Simone de Beauvoir. Ao longo destes días escoitei (e tomei parte) en varios debates sobre as diversas posicións feministas, e penso que cómpre reler, ler entre liñas, ler por detrás do texto e mesmo ler o texto non escrito antes de emitir xuízos.

Hai unha serie de contraposicións que non acabo de ver xustificadas: feminismo da igualdade versus feminismo da diferenza, racionalismo versus experiencia da vida… A única que eu lle atopo clara ao texto é existencialismo / esencialismo. A postura é evidente, rexéitase toda inmanencia, os suxeitos somos responsábeis dos nosos actos. É o noso devir, a nosa transcendencia, o que nos sitúa no mundo. O interesante precisamente de De Beauvoir é que non é doutrinaria en absoluto, pon a cuestión sobre a mesa, faina visíbel, pero non dita sentenza. Emprega a moral existencialista, pero observa que as mulleres carrexamos un pasado histórico e vivimos nun contexto que nos oprime. Compáranos co proletariado, pero vai moito máis alá do emancipacionismo como solución. Hai quen a critica por asumir que os valores masculinos son os positivos e as mulleres deben acadar ese estadio de dominio, ou quen fai unha lectura simplificada de máis das súas teses sobre a maternidade, pero interpreto que vai moito máis alá. A liberdade, pero liberdade colectivizada, para todas e todos. Non sei se é que o miro todo polo meu prisma, digamos, anarcofeminista (aínda que me custa pórlle nome ao meu pensamento), ou que. Cada un(ha) conta a feira segundo lle vai nela, e cada un(ha) le cos seus ollos. O bonito disto dos blogs é que me permite dialogar co mundo, así que o debate queda aberto 🙂

Post tags: