Días grises

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 27, 2008

Chuviñentos, tristeiros, fríos… Non parece maio. Mellor, así concéntrome no que me teño que concentrar. Este blog vai quedar (máis aínda) inactivo até setembro ou así… Se non, vou conseguir o DEA para cando me xubile. Toca facer vida monacal…

Post tags:

Día do Corte Inglés

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 02, 2008

Unha estratexia comercial como outra calquera: mantendo o ritual católico, o 19 de marzo conságraselle a San Xosé, pai “exemplar”, e o primeiro domingo do “virxinal” maio é para as nais. Como me cago bastante na familia nuclear, no catolicismo, no Corte Inglés e nos bos costumes, vou colgar aquí outra nai que seguramente non recibise agasallos nin neste día nin en día ningún, á que lle cantaba Víctor Jara, e que, á vez, a miña propia me cantaba a min para facerme adormecer de cativa (e que, ao tempo, a nai da miña nai poñía naquel radiocassette vello que aínda está en Pantín e cantaruxaba polo baixo mentres lavaba a louza, ou “fregaba de vertedero”). Seguramente eu siga a tradición familiar e a empregue un día como canción de berce.

Post tags: