Habemus…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 25, 2008

Catuxa, Ghandoi e mais eu marchamos para aquí. Pequerrecho, pero ben apañado e moi curriño, e no mellor barrio do mundo. As próximas semanas van ser unha festa da caixa continua… En canto estea un algo decente, convido a merendas, ceas, cafés ou bebidas espiritosas.

Post tags:

Cabodano

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 23, 2008

La sombra que indagué ya no me pertenece.
Yo tengo la alegría duradera del mástil,
la herencia de los bosques, el viento del camino
y un día decidido bajo la luz terrestre.

No escribo para que otros libros me aprisionen
ni para encarnizados aprendices de lirio,
sino para sencillos habitantes que piden
agua y luna, elementos del orden inmutable,
escuelas, pan y vino, guitarras y herramientas.

Escribo para el pueblo, aunque no pueda
leer mi poesía con sus ojos rurales.
Vendrá el instante en que una línea, el aire
que removió mi vida, llegará a sus orejas,
y entonces el labriego levantará los ojos,
el minero sonreirá rompiendo piedras,
el palanquero se limpiará la frente,
el pescador verá mejor el brillo
de un pez que palpitando le quemará las manos,
el mecánico, limpio, recién lavado, lleno
de aroma de jabón mirará mis poemas,
y ellos dirán tal vez: “Fue un camarada”.

Eso es bastante, ésa es la corona que quiero.

Quiero que a la salida de fábricas y minas
esté mi poesía adherida a la tierra,
al aire, a la victoria del hombre maltratado.
Quiero que un joven halle en la dureza
que construí, con lentitud y con metales,
como una caja, abriéndola, cara a cara, la vida,
y hundiendo el alma toque las ráfagas que hicieron
mi alegría, en la altura tempestuosa.

“La gran alegría”, Canto general, 1950

Post tags:

Noite canfurneira (e parrocheira)

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 12, 2008

Canfurneiro/a: ferrolanismo probablemente derivado de “canfurna” (cavidade profunda producida pola erosión da auga do mar). Algunha relación habería entre estas covas e os antros de perdición para que canfurna sexa tamén sinónimo de barafunda, e se nos chame canfurneir@s a quen… o merecemos.

Foi a primeira palabra que escoitei neste día terrible, cando mo chamou eue ao chegar á casa (díxolle o pote á sartén, que el apareceu ás nove e eu levaba dende as seis da mañá na cama :D), e seguramente sexa a última: ao remate dunha xornada laboral que se anuncia dura, marcho con Zero e Mario á nosa terra nai, comer parrochas). E aínda non recuperei o corpo da festa de Salvaterra… Non teño gota de sentido, que diría miñabuela.

Post tags:

Días de busca…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 09, 2008

Aquí botei 16 anos da vida (onde a bandeira de Nunca Máis e o micho).

Aquí durei cinco meses por culpa do ruído, pero coñecín a primeira sensación de autonomía.

Aquí fun enormemente feliz durante seis meses, e aprendín a convivir co Ghandoi (que non é doado).

Aquí vivo. Levo dous anos en que gocei arreo, sufrín abondo e sobre todo aprendín moito. Volvo atoparme nunha encrucillada, nunha sensación estraña de morriña mesturada con curiosidade. Agora, como hai tres anos, toca abandonar o niño.

Post tags:

Días de poesía…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 05, 2008

Xa me tardaba chegar a esta cita anual coa festa, topar con xente que hai ben tempo que non miro e gozala moito durante dous días nas terras do Condado. Vai ser unha preciosa e necesaria paréntese entre días preguiceiros, co cerebro aínda bastante de vacacións e sen gana ningunha de traballar, nin de buscar piso, nin de estudar, nin de nada que non sexa prolongar artificialmente o verán nas barras dos bares. A ver se me serve para gastar a traca final da gana de xolda e á volta me centro unha miga…

PD Alguén sabe dun piso bo, bonito e barato por San Pedro? (volvo ao útero, e ao carallo). Nada moi grande, con collermos os michos e mais eu…

Post tags: