Noite de lúa nova

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Outubro 28, 2008

Ou novilunio. Bo momento para podar árbores pequenas, emprender cousas dende cero, e non deixármonos levar pola tristura @s aluad@s do mundo. Cando xa case rematei a mudanza da casa, tamén teño que me mudar de oficina. Vou levar moi mal marchar deste paraíso onde podo ver case a Praza de Abastos por vinte minutos de camiñada para chegar a un baixo no Ensanche, pero doulle grazas á sorte de que non acabasemos no Polígono do Tambre ou cousa así.

Mentres, fago por afacerme (que cacofonía, non é?) á casa nova. Non custa traballo ningún, se non fose porque teño que ter un ollo cos meus túzaros… Onte decidiron marchar de expedición e tiven que rescatalos dende o patio da veciña de abaixo cunha esqueira que me emprestou (é unha riquiña) para subir ao tellado (a Ghandoi, vaia, que Catuxa ben que buscou a vida e baixou por si soa, nótase que a moza tivo que loitar na rúa). A ver como vai indo este ciclo lunar, logo, que despois de tanto cambio xa o corpo vai querendo unha miga de acougo…

Post tags:

Día feliz!

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Outubro 22, 2008

Os trasnos existen: son uns seres máxicos que andan por entre nós coma quen que son xente normal. Pero un trasno distínguese do resto da humanidade por varias cousas:

– Levan música e festa alá onde van.
– Adoitan levar puchos de cores vivas e con formas divertidas.
– Sempre locen un sorriso enoooorme. É máis: teñen o poder máxico de contaxiarlle o seu sorriso a todo o mundo.

Eu hoxe topei as sorpresas que me deixou un trasniño penduradas nunha árbore, na Porta do Camiño, e dende primeira hora da mañá teño un sorriso enoooorme e non o dou quitado. Nin quero 😀

Post tags:

Por fin, chegou o día! Mañá levo as últimas cousas (os seres vivos, vaia, Ghandoi, Catuxa e o xeranio, que aínda non ten nome), e acabouse. Hoxe limpei por derradeira vez este puto báter!

Xa sei que parece unha patochada, pero para min está cargado de simbolismo: non volver tocar un estropallo nesta casa faime inmensamente feliz. 😀

Post tags:

Días de censura

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Outubro 15, 2008

Esklabu erremintaria
Sartaldeko oihanetan gatibaturik
erromara ekarri zinduten, esklabua,
erremintari ofizioa eman zizuten
eta kateak egiten dituzu.
Labetik ateratzen duzun burdin goria
nahieran molda zenezake,
ezpatak egin ditzakezu
zure herritarrek kateak hauts deitzaten,
baina zuk, esklabu horrek,
kateak egiten dituzu, kate gehiago.

O escravo ferreiro
Preso nas selvas de occidente
trouxéronte a Roma, escravo,
déronche o oficio de ferreiro
e fas cadeas.
O ferro vermello que sacas dos fornos
pódelo moldear como queiras,
podes facer espadas
para que os teus paisanos rachen as súas cadeas,
pero ti, ese escravo,
fas cadeas, máis cadeas.

Joseba Sarrionandia

Prohibir a poesía é puro fascismo. Prohibir un espectáculo de danza baseado en poesía, unha patochada coma un mundo, directamente.

Post tags:

Reflexións (en voz alta) de eue mentres dorme

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Outubro 12, 2008

(ou ‘Os anacos da revolución son pequenos‘ II):

eue: Acabamos de inventar…
eu: O que?
eue: (rindo) …o papel moeda estatal.
eu: O papel moeda estatal???
eue: Si… os tres, acabamos de inventalo.
eu: Quen, Catuxa, ti e máis eu? (os tres que estabamos na cama nese momento).
eue: (rindo) …si, nós os tres.

Post tags: