Noite de lúa vella (e San Martiño, aínda por riba)

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Novembro 13, 2008

Chegou outro plenilunio, tolería para @s que andamos aluad@s e momento que aproveitei para pór moitas cousas en orde, lavar roupa (o vranciño de San Martiño deunos unha tregua neste mes de choivas para pór a roupa a secar) e iniciar (ou retomar, máis ben) vellos retos.

Neste día neghro, neghro na memoria colectiva dende hai seis anos, acórdame Pavese (ando aí ás voltas c’O oficio de vivir), cando di que a única alegría da vida é comezar. O outro (prisión, costume, enfermidade) é morte. Gana de comezar cousas, e gana de combater con outras… Cabreo.

Post tags:

Día morriñento… III, IV? Xa perdín a conta

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Novembro 08, 2008

Empecei a ter días destes hai moito tempo, e pensei que, co paso dos días, dos meses, dos anos, a morriña marcharía. Pero non.

Post tags: