Días vermellos

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 27, 2009

Esta non é unha loita polo “dereito a amar”, é unha protesta contra a prisión moral, mesmo a do sentimento exteriormente máis libre. Esta é a rebelión das mulleres da nosa época de transición que aínda non aprenderon a harmonizar a liberdade interior e a independencia coa paixón do amor que todo o devora.

(…) a nova muller que se liberou da servidume do amor érguese en toda a súa estatura, gozosa e orgullosamente. “A servidume mental chegou á súa fin”, alédase a heroína de Kredo despois de convencerse de que xa lle pasou a intoxicación da paixón. “Fóra as penas e a excitación e adeus ao medo, agora é libre e o seu corazón deixou de sufrir, pois Viktor, a quen amara, desapareceu da súa alma case sen se decatar”. (…)
Liberación da prisión dos pensamentos estraños, liberación dos pesares e dores, estes “agudos e mordaces abrollos dos bicos”, ser de novo unha mesma e atoparse con unha! Que ledicia para a muller que se sente un individuo e que sentimento incomprensible e totalmente descoñecido para a muller do pasado!

KOLLONTAI, Alexandra: “A nova muller”, en Novaya moral’ i rabochii klass (A nova moral e a clase traballadora), Moscova, 1918

Podémola ler na colección “As letras das mulleres”, que coeditan Sotelo Blanco e o Servizo Galego de Igualdade, en tradución de Fe González, ou no Marxists Internet Archive (en inglés).

Post tags:

Día de coñac e rosas

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 19, 2009

Para deixar sobre un cadaleito de Baltimore.

As imaxes son de Das Cabinet des Dr. Caligari, de Robert Wiene (1920). A música, de Lou Reed (The Raven, 2003), e a voz que le o poema homónimo de Poe, de Willem Dafoe.

Post tags: