Resaca do Día do Copyright

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 24, 2009

Día do Libro, seica, un inferno para quen se dedique ao xornalismo cultural (aínda que o peor este ano está por vir, cando chegue maio, mes das flores e de Ulm Roam). Eu tiven un agasallo precioso nese día do Libro e dos Dereitos de Autor (isto nunca colle nos titulares): a David González vino recitar o ano pasado na Capela do Torrente, na Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, e traspasoume. Na nosa recente viaxe ao sur, eue levaba El demonio te comía las orejas no coche, e non puiden soltalo ata que o rematei. Agora comparto o meu agasallo (chegado da rede, libre e de balde) con quen queira, e convido a todo o mundo a celebrar o Día do Copyright agasallando libros piratas, compartidos ou, en calquera caso, libres:

Sparrings, David González

Post tags:

Día ghallegho…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 17, 2009


Os días que chove e vai sol
anda o demo por Ferrol

Post tags:

E a coisa mais divina que há no mundo…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 07, 2009

Tomara
Que você volte depressa
Que você não se despeça
Nunca mais do meu carinho
E chore, se arrependa
E pense muito
Que é melhor se sofrer junto
Que viver feliz sozinho
Tomara
Que a tristeza te convença
Que a saudade não compensa
E que a ausência não dá paz
E o verdadeiro amor de quem se ama
Tece a mesma antiga trama
Que não se desfaz

E a coisa mais divina
Que há no mundo
É viver cada segundo
Como nunca mais

Vinícius de Moraes

Post tags:

Día dos enganos

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 01, 2009

Ou 1 de abril, cando van os burros onde non deben ir 😀. Fóra chanzas, a cousa é que o outro día alguén me preguntou o porqué da tatuaxe que levo ás costas dende hai sete anos (e que lle dá nome ao blog) e expliqueime fatal, así que aquí vai:

Segundo o astrólogo Stefan Nitschke, A Lúa Negra, tamén chamada Lilith, non é un planeta, senón un punto sensíbel que se pode identificar mediante determinados cálculos: observando a órbita elíptica da lúa arredor da Terra, e o eixo que forman os dous puntos máis afastados da Terra na elipse, a lúa negra estaría, nese eixo, no punto que se atopa á mesma distancia da Terra que do centro da elipse. Tarda uns nove anos en darlle a volta completa aos doce signos.

Por que se escolleu a Lilith para nomear este punto inmaterial e escuro do ceo? Foi a primeira muller de Adán, antes ca Eva, segundo a literatura rabínica e a Cábala (e foi feita de barro coma Adán, non a partir de ningunha costela), pero fuxiu do paraíso por non se querer someter a el, e cando mandaron anxiños ao Mar Vermello para pedirlle que volvese ao Edén, ela negouse. Foi castigada a parir nenos mortos. A tradición (babilónica e asiria) presentábaa coma unha deusa do mal, unha deidade feminina demoníaca, un súcubo.

A primeira representación dela aparece nunha terracota sumeria do 2000 a.C., onde aparece espida, con ás e poutas de ave, arrodeada de mouchos. A referencia literaria máis antiga está no prólogo da Epopea de Xilgamés, texto babilónico do 2000-1900 a.C.: “unha serpe que non podía ser dominada aniñou nas raíces dunha árbore chamada Huluppu. O paxaro Anzu colocou o seu pitiño nas pólas desa árbore, e Lilith, a lúa negra, construíu o seu fogar no tronco”. Aparece só unha vez na Biblia (no Antigo Testamento, o libro de Isaías sitúaa na descrición dos lugares de perdición, no medio do deserto, entre sátiros e animais), e nos apócrifos (Testamento de Salomón, Talmud…) aparece sempre coma orixe do mal.

A lúa negra aínda é un territorio escuro para a astronomía e a astroloxía, polos contidos negativos que se lle atribúen, relacionados coa tebra, coa apocalipse. É algo así coma a sombra da lúa, igual que Lilith é a sombra da “femininidade”: se se identificaba o home co sol e a muller coa lúa, Lilith non ten xénero, ten que ver co que se rebela ás leis, coa sombra, co oculto e o non visible. De aí que Lilith se convertese tamén nunha icona feminista e das reivindicacións LGTB.

Hala, aí queda.

Post tags: