Días de bossa nova

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 05, 2009

O que fai o subconsciente. Nos últimos días eu notaba que non podía parar de cantar “Irene”, de Caetano Veloso (graciñas pola corrección, Bouzafría).

Eu quero ir, minha gente,
eu não sou daqui.
Eu não tenho nada, nada,
quero ver Irene rir.
Quero ver Irene dar sua risada.
Irene ri, Irene ri, Irene.
Quero ver irene dar sua risada

E o luns a eue pasáballe o mesmo. Logo démonos de conta: tiña que ver co libro que eu tiña sobre a mesiña de noite, e que logo lle emprestei (o mellor que lin en moito tempo, amais). Isto é coma cando, sen sabermos por que, cada vez que un dos dous poñía unha lavadora empezaba a entoar “Allons enfants de la Patrie, Le jour de gloire est arrivé!” Un día reparamos no que poñía na botella de deterxente: Marseille. Seguro que tiña que ver. É curioso como hai teclas visuais que nos activan melodías na cabeza 🙂

Post tags: