A noite en que recuperei o sono

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 11, 2010

foi bonito e durou
o xusto, até escoitar
que sempre
haberá alguén
para nos aprender
o sentido do tempo.
Todas as relacións
son a distancia,
pero eu non son
de aquí,
non teño
descendencia,
non quero máis orixe
que esta ponte
até que nos sosteña
e cando caia
teñamos a nobreza
de marchar
sobre os restos,
saibamos despedirnos,
que sexa tan fermoso
como nunca.

María do Cebreiro, Non son de aquí.

Post tags:

Noite de dor

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 03, 2010

Post tags: