Noite de claridade (“hoxe todo é luz”)

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 05, 2011

1988, Performance The lovers: Marina Abramovic e Ulay póñense cada un(ha) nun extremo da Gran Muralla Chinesa. Percorren 2000 quilómetros. Pasan 90 días. Atópanse no medio. Abrázanse para despedirse para sempre.
“Que saibamos despedirnos. Que sexa tan fermoso como nunca”. Hai un ano colguei inconscientemente este poema de María do Cebreiro. Foi un acto reflexo. E agora atópolle todo o sentido do mundo. É o máis difícil de facer. Despedirse ben. Daquela foi tan doado e tan de verdade… Agora doume de conta de cantas veces na vida hai que re-aprender a despedirse. Incluso dunha mesma.

Post tags: