E a coisa mais divina que há no mundo…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 07, 2009

Tomara
Que você volte depressa
Que você não se despeça
Nunca mais do meu carinho
E chore, se arrependa
E pense muito
Que é melhor se sofrer junto
Que viver feliz sozinho
Tomara
Que a tristeza te convença
Que a saudade não compensa
E que a ausência não dá paz
E o verdadeiro amor de quem se ama
Tece a mesma antiga trama
Que não se desfaz

E a coisa mais divina
Que há no mundo
É viver cada segundo
Como nunca mais

Vinícius de Moraes

Post tags:

Día dos enganos

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 01, 2009

Ou 1 de abril, cando van os burros onde non deben ir 😀. Fóra chanzas, a cousa é que o outro día alguén me preguntou o porqué da tatuaxe que levo ás costas dende hai sete anos (e que lle dá nome ao blog) e expliqueime fatal, así que aquí vai:

Segundo o astrólogo Stefan Nitschke, A Lúa Negra, tamén chamada Lilith, non é un planeta, senón un punto sensíbel que se pode identificar mediante determinados cálculos: observando a órbita elíptica da lúa arredor da Terra, e o eixo que forman os dous puntos máis afastados da Terra na elipse, a lúa negra estaría, nese eixo, no punto que se atopa á mesma distancia da Terra que do centro da elipse. Tarda uns nove anos en darlle a volta completa aos doce signos.

Por que se escolleu a Lilith para nomear este punto inmaterial e escuro do ceo? Foi a primeira muller de Adán, antes ca Eva, segundo a literatura rabínica e a Cábala (e foi feita de barro coma Adán, non a partir de ningunha costela), pero fuxiu do paraíso por non se querer someter a el, e cando mandaron anxiños ao Mar Vermello para pedirlle que volvese ao Edén, ela negouse. Foi castigada a parir nenos mortos. A tradición (babilónica e asiria) presentábaa coma unha deusa do mal, unha deidade feminina demoníaca, un súcubo.

A primeira representación dela aparece nunha terracota sumeria do 2000 a.C., onde aparece espida, con ás e poutas de ave, arrodeada de mouchos. A referencia literaria máis antiga está no prólogo da Epopea de Xilgamés, texto babilónico do 2000-1900 a.C.: “unha serpe que non podía ser dominada aniñou nas raíces dunha árbore chamada Huluppu. O paxaro Anzu colocou o seu pitiño nas pólas desa árbore, e Lilith, a lúa negra, construíu o seu fogar no tronco”. Aparece só unha vez na Biblia (no Antigo Testamento, o libro de Isaías sitúaa na descrición dos lugares de perdición, no medio do deserto, entre sátiros e animais), e nos apócrifos (Testamento de Salomón, Talmud…) aparece sempre coma orixe do mal.

A lúa negra aínda é un territorio escuro para a astronomía e a astroloxía, polos contidos negativos que se lle atribúen, relacionados coa tebra, coa apocalipse. É algo así coma a sombra da lúa, igual que Lilith é a sombra da “femininidade”: se se identificaba o home co sol e a muller coa lúa, Lilith non ten xénero, ten que ver co que se rebela ás leis, coa sombra, co oculto e o non visible. De aí que Lilith se convertese tamén nunha icona feminista e das reivindicacións LGTB.

Hala, aí queda.

Post tags:

Primavera

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Marzo 23, 2009

Dúas pegas marzas ou gaios (en perigo de extinción). A foto é de J. Fouarge (eu nunca as dei visto, e mesmo cheguei a pensar que eran seres mitolóxicos). Chegou a primavera (e o primeiro cabodano, snif)… E como me pasou toda a vida sempre que hai equinoccio ou solsticio, viran as cousas e cambia todo de sitio. Para ben.

Post tags:

Día de resaca electoral

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Marzo 02, 2009

Nunca tan acaído foi ese termo. O que nos queda, mimá.

Post tags:

Día para cagarse en todo

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Febreiro 09, 2009


Hai xente experta en manipular palabras. “Libertad” (así, en castelán), a que máis.

Post tags:

Día da Candeloria

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Febreiro 01, 2009

Chega o 2 de febreiro un ano máis, con todas as súas consecuencias:
1. Se a Candeloria chora, vai medio inverno fóra (xa pode!), pero se ri, medio inverno está por vir (cagho en…).
2. Fin das xaneiras (acabou o de espertar cos miaños desesperados de Ghandoi a chamar polas gatas da parroquia. A Catuxa o tema sópralla bastante de momento).
3. Casan os paxariños! E un pimpín e unha gaivota fan as vodas de… de cotón, seica.

Vía O cartafol de silencios acórdanme Marco Valerio Marcial e tamén Catulo. Sobre todo este:

Viuamus, mea Lesbia, atque amemus,
rumoresque senum seueriorum
omnes unius aestimemus assis.
Soles occidere et redire possunt:
nobis, cum semel occidit breuis lux,
nox est perpetua una dormienda.
Da mi basia mille, deinde centum,
dein mille altera, dein secunda centum,
deinde usque altera mille, deinde centum.
Dein, cum milia multa fecerimus,
conturbabimus illa, ne sciamus,
aut nequis malus inuidere possit,
cum tantum sciat esse basiorum.

Tiña unha tradución moi boa ao galego, pero desapareceume 🙁 Se consigo recuperala xa a colgo.

Post tags:

Días vermellos

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 27, 2009

Esta non é unha loita polo “dereito a amar”, é unha protesta contra a prisión moral, mesmo a do sentimento exteriormente máis libre. Esta é a rebelión das mulleres da nosa época de transición que aínda non aprenderon a harmonizar a liberdade interior e a independencia coa paixón do amor que todo o devora.

(…) a nova muller que se liberou da servidume do amor érguese en toda a súa estatura, gozosa e orgullosamente. “A servidume mental chegou á súa fin”, alédase a heroína de Kredo despois de convencerse de que xa lle pasou a intoxicación da paixón. “Fóra as penas e a excitación e adeus ao medo, agora é libre e o seu corazón deixou de sufrir, pois Viktor, a quen amara, desapareceu da súa alma case sen se decatar”. (…)
Liberación da prisión dos pensamentos estraños, liberación dos pesares e dores, estes “agudos e mordaces abrollos dos bicos”, ser de novo unha mesma e atoparse con unha! Que ledicia para a muller que se sente un individuo e que sentimento incomprensible e totalmente descoñecido para a muller do pasado!

KOLLONTAI, Alexandra: “A nova muller”, en Novaya moral’ i rabochii klass (A nova moral e a clase traballadora), Moscova, 1918

Podémola ler na colección “As letras das mulleres”, que coeditan Sotelo Blanco e o Servizo Galego de Igualdade, en tradución de Fe González, ou no Marxists Internet Archive (en inglés).

Post tags:

Día de coñac e rosas

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 19, 2009

Para deixar sobre un cadaleito de Baltimore.

As imaxes son de Das Cabinet des Dr. Caligari, de Robert Wiene (1920). A música, de Lou Reed (The Raven, 2003), e a voz que le o poema homónimo de Poe, de Willem Dafoe.

Post tags:

Días da fin do imperio

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Decembro 22, 2008

Decidín negarme a entrar na espiral de submisión ao consumo este nadal. Non sei de onde vou tirar o tempo (tempo, que cousa), pero ando a argallar regalos inmateriais, virtuais, artesanais, pobres ou piratas 😀

Canto máis lles compramos,
máis nos vendemos.

PD. A imaxe é de Consume Hasta Morir.

Post tags:

Días caseiros…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Decembro 18, 2008

Coas frieiras, as temperaturas e o moito chollo acumulado, non dá gana ningunha de saír da casa. Xa onte perdín a Festaleiro, pero hoxe vou ver os meus nenos, vivedios! Sorte que para a semana conseguín un día libre, e así podo enganchar catro días na casiña materna, que é onde mellor se está (son unha moñas, sei, pero é así). Así que o día 24 fago a mochila (o que inclúe a Ghandoi e a Catuxa en cadansúa caixa) e marcho para aquí:

Domondó (parroquia de Pantín, Valdoviño) fotografado por Fermín Goiriz Díaz o 1 de decembro. Non sei se alá haberá cobertura 3G (dubídoo moito!), pero se consigo unha miga dela, xa vos conto.

Post tags:
« Older PostsNewer Posts »